Participantes

Participantes 5 de Maio de 2026

A Maruxaina non ten cartel de artistas. Non é un concerto: quen a fai é o pobo, coas súas asociacións, a súa música e a súa xente.

Os mariñeiros e as mariñeiras

Homes e mulleres vestindo como as xentes do mar de tempos antigos: eles co pantalón e a camisa remangados, elas con saias longas. Saen ao mar coas luces do pobo apagadas, facendo soar cornos e bucinas para non escoitar o canto da serea, e regresan ao Torno coa Maruxaina entre fogos artificiais.

A comitiva

Todo o pobo participa na procesión nocturna. Vecinos, visitantes, familias, nenos… baixan con velas e farois ata a praia para recibir á Maruxaina e acompañala ata a praza.

O xurado popular

No Gran Xuízo Popular, que empeza na praia do Torno e segue na praza, distintos personaxes do pobo fan de fiscal, avogado defensor e xuíz. O veredicto é o mesmo cada ano, pero as alegacións e o debate sorprenden sempre.

As asociacións do pobo

A festa organízaa o Concello de Cervo coa colaboración das asociacións locais:

  • Amigos da Maruxaina — o nomeamento do Maruxain@ de Honra.
  • Mar de San Ciprián — os Xogos da Maruxaina da praia.
  • A Rebolaxe — amenizou a Pre-Maruxaina de 2026.
  • Mistura de Lieiro — o grupo folclórico que actúa na praza.
  • Mulleres de San Ciprián e A Anxuela, que colaboran na festa.

A música

Charangas polas rúas durante o día, grupos de folk, orquestras e verbena de noite: a música non para desde que amence ata que volve saír o sol.

O cartel de cada edición

Cada edición ten o seu cartel oficial. Os carteis das últimas edicións están na galería.

Tes dúbidas ou viches un erro? Escríbenos.

Scroll